Medalla Timoshenko

Medalla Timoshenko
(Timoshenko Medal)

Stephen Timoshenko, inspirador e primeiro receptor da
Medalla Timoshenko
Outorgada pola Asociación Norteamericana
de Enxeñeiros Mecánicos (ASME)
Tipo Recoñecemento
Graos Único
Lema For distinguished contributions to Applied Mechanics
Elixibilidade Persoas dedicadas á investigación en Mecánica Aplicada.
Descrición Medalla de bronce.
Estadísticas
Establecida 1957
Primeira outorgada 1957
Última outorgada Concesión anual vixente.
Premiados Ver listaxe no artigo.

A Medalla Timoshenko é un recoñecemento que se lles concede aos investigadores que destaquen polas súas salientables contribucións á mecánica aplicada, instituído en 1957 pola Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME).[1]

Trátase dun dos premios de máis sona internacional na área da mecánica técnica e foi establecido en memoria de Stephen Timoshenko, enxeñeiro ucraíno-norteamericano considerado como o pai da enxeñaría mecánica moderna. O premio consiste nunha medalla de bronce, un certificado e dous mil cincocentos dólares en metálico. O investigador agraciado pronuncia o seu discurso no ano correspondente á recepción da medalla na reunión anual da ASME.[2]

Precedemento

[editar | editar a fonte]

O comité da Medalla Timoshenko está composto por quice persoas: os cinco últimos agraciados co recoñecemento, os cinco membros do comité executivo da ASME e os cinco membros anteriores do devandito comité. Tras o nomeamento dos candidatos, o comité delibera acerca de quen será finalmente o agraciado e este pasa a ser recoñecido pola ASME.

Agraciados

[editar | editar a fonte]

Esta é a listaxe completa dos científicos aos que se lles concedeu a Medalla Timoshenko:[3]

  1. "Hughes Awarded Timoshenko Medal". En Notices of the AMS. Volume 55. Nº 6. Xuño-xullo de 2008. Páxina 718 (en inglés)
  2. Discursos dos premiados coa Medalla Timoshenko Arquivado 11 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. "Timoshenkop Medalists". No sitio web oficial da Asociación Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) (en inglés)
  4. "UCSB Professor Receives ASME’s Highest Applied Mechanics Honor". En The UC Santa Barbara Current (en inglés)
  5. "Professor Ortiz Receives the Timoshenko Medal Arquivado 02 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.". En Caltech.edu (en inglés)
  6. "Professor Raymond Ogden receives the Timoshenko Medal". En SoftMech.org (en inglés)
  7. "2017 Stephen P. Timoshenko Medal - Professor Viggo Tvergaard Arquivado 28 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.". En iMechanica.org (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]