Q. David Bowers

Modelo:BiografíaQuentin David Bowers

Q. David Bowers en 2014
Biografía
Nacemento21 de outubro 1928
Honesdale, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente American Numismatic Association
1983 – 1985 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade Estatal de Pensilvania.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático, leiloeiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeMary Masters (1960).
Christine Valentine (1978). Editar o valor en Wikidata
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".

BNE: XX1211353

Quentin David Bowers (máis coñecido como Q. David Bowers), nado o 21 de outubro de 1938 en Honesdale, Pensilvania, é un numismático estadounidense, coleccionista, autor de diversos artigos e monografías, e comerciante de moedas desde a súa xuventude.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Bowers naceu en Honesdale, Pensilvania, en 1938.[3] O seu avó materno, Chester L. Garratt, avogado de profesión e investigador afeccionado en moitas áreas do saber, regaloulle a súa primeira moeda, un exemplar moi gastado do medio dólar colombino de 1893, que foi o inicio do seu interese pola numismática.[2]

Na súa adolescencia, durante a súa educación secundaria, descubriu a súa paixón pola escrita e amosaba interese por asuntos tan variados como a exploración, os réptiles, a radio de onda curta, os modelos de avións de guerra, as rochas e os minerais.[2]

En 1948, a súa familia trasladouse a Forty Fort, outra localidade en Pensilvania, próxima a Honesdale.[2]

Bowers graduouse en 1960 na Universidade Estatal de Pensilvania e a facultade de Administración de Empresas outorgoulle un premio polos seus logros durante unha cerimonia celebrada en 1976.[3][4]

Iniciación á numismática

[editar | editar a fonte]

Con 14 anos, durante unha visita de Bowers ao coleccionista de rochas e minerais Robert L. Rusbar, este preguntoulle se tamén coleccionaba moedas, ao que Bowers respondeu negativamente. Entón Rusbar amosoulle un pequeno catálogo con moedas dun centavo co busto de Lincoln, comentoulle algunhas das súas características e explicoulle que a escaseza dos exemplares cuñados en determinadas datas podería aumentar moito o seu valor comercial. Logo regaloulle un álbum con algunahs moedas, para que empezase a súa colección, e Bowers comezou a examinar centos de moedas circulantes, para intentar atopar as de datas de maior escaseza.[2]

Bowers descubriu na revista Numismatic Scrapbook Magazine (unha publicación mensual publicada en Illinois polos irmáns Lee e Cliff Hewitt) non só artigos sobre o coleccionismo de moedas senón anuncios de venda por correo, a través dos cales comezou a adquirir pezas escasas para a súa colección. Nesta época comezou tamén a asistir con regularidade ás reunións organizadas polo Club Numismático de Wilkes-Barre.[2]

Cando aínda tiña 15 anos, en 1953, Bowers empezou a introducirse no comercio, só uns meses despois de comezar a súa colección.[5] Comezou a incluír anuncios no xornal local na procurade moedas escasas, para as comprar e logo revendelas cunha marxe de beneficio. A súa actividade comercial prosperaba e comezou a adquirir moedas a domicilio e tamén a outros coleccionistas, e a revendelas entre o seu círculo de clientes, aínda que botaba de menos a existencia de guías e manuais que estandarizasen a relación entre os graos de conservación das moedas e os seus prezos de mercado.[2] Durante o seu derradeiro curso de secundaria, a súa actividade comercial estaba xa consolidada e convertérase na súa actividade principal, á parte dos seus estudos. No aspecto académico tamén acadou o éxito, xa que accedeu a unha bolsa de excelencia que lle permitiu acceder á Universidade Estatal de Pensilvania, onde se graduou en 1960.[5]

Comerciante numismático profesional

[editar | editar a fonte]

En 1958, durante a súa etapa universitaria, asociouse con James F. Ruddy, con quen constituíu a compañía Empire Coin Co. en Johnson City, Nova York, dedicada fundamentalmente á venda por correo, coa que se chegou a converter nun dos principais distribuidores de moedas dos Estados Unidos. En 1965, Paramount International Coin Corp. adquiriu a empresa e Bowers deixou nun segundo plano o comercio numismático durante un tempo para se dedicar a outra das súas paixóns: os instrumentos musicais automáticos.[5]

Bowers copresidiu posteriormente a compañía Stack’s Bowers Galleries, dedicada ás poxas numismáticas de pezas caracterizadas pola súa rareza e os seus excelentes estados de conservación, que ten a súa base en Nova York.[6] Ao longo da súa carreira, redactou os catálogos e vendeu en poxa pública varias das coleccións numismáticas máis completas e valiosas do mundo;[1] estas son algunhas das máis relevantes:

Recoñecemento e legado

[editar | editar a fonte]

A súa dedicación ao comercio das moedas raras foi tan ampla que a revista COINage o considerou como "un dos numismáticos do século".[1] A súa dedicación non só ao comercio senón tamén á perspectiva académica da numismática convertérono nunha figura moi respectada no ámbito numismático estadounidense. En 2021, Bowers foi incluído pola revista Coin World na listaxe das persoas máis influentes no ámbito numismático nas seis últimas décadas.[14]

Bowers foi a única persoa que presidiu tanto o Gremio de Numismáticos Profesionais (Professional Numismatists Guild) (1977-1979) como a Asociación Numismática dos EEUU (American Numismatic Association) (1983-1985), e ambas as institucións o honraron con varios dos seus premios.[1]

Por outra parte, impartiu conferencias na Universidade Harvard e a súa aparición é frecuente nas principais canles de televisión xeneralistas dos EEUU, así como en Discovery Channel e en History Channel.[1]

A súa colección de moedas chinesas vendeuse en 2018 en Hong Kong.[15][16][17]

Premios numismáticos

[editar | editar a fonte]

Outros intereses

[editar | editar a fonte]

O interese de Bowers pola historia do cine remóntase a agosto de 1957, cando nunha visita ao distrito onde se concentran as tendas de antigüidades de Filadelfia adquiriu unha colección de biografías e algúns carteis de cine mudo dos que se desprendera a Universidade Harvard. Desde aquel momento, constituíu un arquivo de publicacións periódicas sobre cinematografía, entre os que se inclúen exemplares que noutrora foron propiedade de George Kleine, Martin Quigley, William Fox e outros persoeiros da industria cinematográfica.[4]

A mediados da década de 1960 reunira unha gran colección de pianos, orquestrións e outros instrumentos antigos automatizados. Moitas das pezas da súa colección foron adquiridas posteriormente pola Nethercutt Collection, de California. Bowers vendéralle xa o seu Wurlitzer Style 32-A Concert PianOrchestra de 1912 a Jerry Cohen en 1976.[27]

Obra publicada

[editar | editar a fonte]

Bowers é un prolífico autor de decenas de monografías fundamentalmente de materia numismática (con arredor de 50 títulos), aínda que tamén con outros contidos de tipo historiográfico. Varios dos seus traballos chegaron a se converter en referencias no seu terreo.[1][4][28]

Bowers exerceu como director da sección de Numismática da editora Whitman Publishing LLC, onde publicou tamén unha boa cantidade de libros, entre eles unha serie de estudos en detalle sobre tipos de moedas estadounidenses, coñecida como Bowers Series.[1]

En 1976, Bowers comezou a escribir unha sección fixa titulada The Joys of Collecting, na revista numismática Coin World, tanto na súa edición semanal como na tiraxe mensual.[18] Desde 2018, encárgase tamén dunha sección semanal denominada Bowers on Collecting en Coin Update News e en Mint News Blog.[29] Do mesmo xeito, mantén a sección Coins and Collectors cada mes na revista The Numismatist, da American Numismatic Association.

Ademais, Bowers foi o responsable da redacción de centos de catálogos de poxas numismáticas e doutros obxectos coleccionables, así como de centenares de artigos en revistas especializadas.[2]

Numismática

[editar | editar a fonte]

Outros temas

[editar | editar a fonte]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Bowers estivo casado con Mary Masters entre 1960 e 1973, con quen tivo dous fillos. En 1978 casou en segundas nupcias con Christine Valentine.[18]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Our Numismatic Staff". Stacks.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Bowers, Q. D. "How Q. David Bowers Began Collecting Coins". Professional Coin Grading Service. 10 de maio de 2000.
  3. 3,0 3,1 "Personality. Q. David Bowers". En The Walter J. Husack Collection. Heritage Auction Galleries. 15 de abril de 2008. Páxina 109.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Q. David Bowers". www.thanhouser.org
  5. 5,0 5,1 5,2 "Q. David Bowers: A One - Man Library". Professional Coin Grading Service. 1 de maio de 1998.
  6. Sitio web: Stack's Bowers Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine..
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "COINage Confidential: Q. David Bowers". Coinagemag.com. 10 de xullo de 2018.
  8. Catálogos da poxa: The Garrett Collection Sales. Parte I (novembro de 1979), Parte II (marzo de 1980), Parte III (outubro e 1980), Parte IV (marzo de 1981).
  9. Catálogos da poxa: The Norweb Collection. Parte I (outubro de 1987), Parte II (marzo de 1988), Parte III (novembro de 1988).
  10. Catálogo da poxa: The Magnifident Collection of Louis E. Eliasberg, Sr. Parte I (maio de 1996), Parte II (abril de 1997).
  11. Bucki, J. "11 Rarest and Most Valuable Coins in the World". www.Thesprucecrafts.com. 19 de marzo de 2021.
  12. Catálogo da poxa: The Walter H. Childs Collection. Agosto de 1999.
  13. Catálogos da poxa: The Harry W. Bass, Jr. Collection. Parte I (maio de 1999), Parte II (outubro de 1999), Parte III (maio de 2000).
  14. Coin World: Celebrating 60-The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Amos Media. (2021). Páxina 77.
  15. Stack's Bowers. (2018). "Stack’s Bowers Ponterio Sale Features Bowers’ Chinese Coins in Copper". En Coin Week. 12 de marzo.
  16. Ponterio, K. (2018). "Rare Chinese Coin Pattern Highlights from Stack’s Bowers April Hong Kong Auction". En Coin Week. 4 de abril.
  17. "The Stack’s Bowers and Ponterio April Hong Kong Auction Realizes an Impressive $11.2 Million! Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Stack's Bowers Galleries. 19 de abril de 2018.
  18. 18,0 18,1 18,2 "Q(uentin) David Bowers. Biography". EPNNES & Washington University in St. Louis.
  19. 19,0 19,1 19,2 "ANA Service Awards". American Numismatic Association.
  20. 20,0 20,1 20,2 "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  21. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  22. "Numismatic Hall of Fame". American Numismatic Association.
  23. "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  24. "Q. David Bowers recieves numismatic writing award". American Numismatic Association. 12 de agosto de 2000.
  25. "Recipients of the Trustees’ Award". American Numismatic Society.
  26. "PNG Honors 2010 Award Winners Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Update. 10 de agosto de 2010.
  27. "Lot 787. 1912 Wurlitzer Style 32-A Concert PianOrchestra". The Milhous Collection. RM Auctions / Sotheby's. 24-25 de febreiro de 2012.
  28. "Bowers, Q. David". WorldCat Identities.
  29. "Q. David Bowers Launches New Weekly Column at Coin Update News". Whitman Coin and Collectables Expo (Expo.Whitman.com)
  30. "New Book: A Tune for a Token 2nd edition". En The E-Sylum. Vol. 23. Nº 18. 3 de maio de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • "Bowers". Pennsilvania Center for the Book
  • "Q. David Bowers" (vídeo dunha entrevista). NAMM Oral History Library. 2009.