Mariano Benlliure

Modelo:BiografíaMariano Benlliure

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1862 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de España en Roma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosFrancisco Palma Burgos (pt) Traducir e Jacinto Higueras Fuentes Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLucrecia Arana Editar o valor en Wikidata
FillosMariano Benlliure y Tuero Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Benlliure Gil
Juan Antonio Benlliure y Gil Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Benlliure (Mariano), p.44) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1169465 WikiTree: Belliure-1 Find a Grave: 7014627 Editar o valor en Wikidata

Mariano Benlliure y Gil, nado en Valencia o 8 de setembro de 1862 e finado en Madrid o 9 de novembro de 1947, foi un escultor e medallista español, representante do realismo decimonónico, moi recoñecido pola súa abundante obra pública.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Mariano Benlliure naceu o 8 de setembro de 1862 en Valencia, cuarto fillo de Ángela Gil Campos e de Juan Antonio Benlliure y Tomás (1832-1907), un modesto pintor decorador que lles transmitiu a inquedanza artística a todos os seus fillos: Mariano, Blas (1852-1936), José (1855-1937) e Juan Antonio (1859-1930).[1][2]

A infancia de Mariano Benlliure transcorreu en Valencia e en 1874 a familia trasladouse a Madrid. Nesta cidade iniciouse na escultura dun xeito autodidacta traballando en varios obradoiros artesáns.[1] En 1876, con só 14 anos, participou por primeira vez na Exposición Nacional de Belas Artes, coa obra Cogida de un picador, e dous anos máis tarde esculpiu un paso procesional de Semana Santa para a Confraría do Santo Enterro de Zamora.[2]

En 1881 viaxou a Roma para completar a súa formación en escultura, sinaladamente en canto a técnicas, materiais e coñecemento das obras clásicas da escultura de diversas épocas.[1] Alí instalou un obradoiro propio en Via Nargutta, e recorreu á pintura de acuarelas para o seu sostemento económico. En 1883 fixo tamén unha viaxe a París, xunto co pintor Francisco Domingo Marqués.[2]

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

Xa durante a súa estadía formativa en Roma, Benlliure comezara a enviar as súas obras para participar en varias edicións da Exposicións Nacional de Belas Artes, nas que en tres ocasións resultou galardoado: en 1884 cunha segunda medalla pola obra Accidenti!,[3] en 1887 coa primeira medalla pola estatua ao pintor José de Ribera, sita na praza do poeta Llorente, en Valencia,[4][5] e en 1890 coa figura alegórica La Marina, destinada ao monumento ao Marqués de Campo en Valencia.[1][2][6]

De volta de Roma, en 1895 abriu o seu propio estudio en Madrid —trasladado en 1910 a outro máis amplo da rúa Abascal—, e acadou a medalla de honra na Exposición Nacional dese ano coa estatua para el monumento ao escritor Antonio de Trueba nos xardíns de Albia, en Bilbao.[7] Nesta etapa comezou a acadar tamén premios nas exposicións internacionais, como as medallas de ouro na de Viena de 1894, co busto do pintor Francisco Domingo Marqués, e na de Múnic no mesmo ano, coa figura alegórica da Marina. En 1900 logrou o gran premio na Exposición Universal de París por un importante conxunto de obras, entre as que destaca o mausoleo de Gayarre en Erronkari, Navarra.[2] En 1910 participou con varios traballos na Exposición Internacional de Medallas Contemporáneas organizada pola American Numismatic Society de Nova York,[8] e tamén nas exposicións conmemorativas da independencia de varios países hispanoamericanos, en México, Santiago de Chile e Bos Aires, onde acadou o gran premio de escultura polo monumento a Velázquez, adquirido polo Goberno arxentino.[1]

Busto de Francisco de Goya (1902).[9]

En 1902 instalouse no paseo de coches do parque do Retiro, en Madrid, un monumento a Francisco de Goya.[10] Ese mesmo ano, Benlliure creou un busto en bronce deste pintor aragonés,[9] no que se basea a estatuíña outorgada nos Premios Goya, da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. O trofeo está realizado polo escultor José Luis Fernández, claramente inspirado no orixinal de Benlliure, aínda que tanto o autor como a Academia mantiveron durante un tempo unha postura pouco clara sobre a relación entre ambas as obras, que deu lugar a un litixio entre os herdeiros de Benlliure e a Academia.[11][12] Finalmente a Academia acabou por recoñecer a autoría orixinal de Benlliure.[13]

Monumento a Eugenio Montero Ríos na Praza de Mazarelos, en Santiago de Compostela.[14]

O 30 de xullo de 1916 inaugurouse na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o seu monumento a Eugenio Montero Ríos, que posteriormente foi trasladado á Praza de Mazarelos. Este monumento foi encargado ao artista polo concello da capital compostelá.[2][14][15] Tamén en Santiago, Benlliure é o autor da lápida de bronce en memoria do cardeal arcebispo Martín de Herrera (1915), encargada polo Cabido Compostelán, que se exhibe nas Praterías.[16] Outra obra de Benlliure en Galicia é a lápida de bronce ao que fora alcalde de Vigo Eduardo Iglesias Añino, inaugurada o 30 de abril de 1919 na antiga rúa do Circo desa cidade,[17] e máis tarde trasladada ao Museo Quiñones de León, onde permanece exposta.[18]

Aínda que como creador destaca fundamentalmente pola escultura, tamén dedicou o seu talento á pintura, aínda que nun plano claramente inferior.[1]

Onde si que acadou un salientable desenvolvemento como creador foi na medallística. Entre as súas medallas máis destacadas pódense citar a da Proclamación de Afonso XIII (1902),[19][20] a do Premio Nóbel de Medicina a Santiago Ramón y Cajal (1907)[21] ou a da Exposición Nacional de Belas Artes (1915), esta última creada xunto con Miguel Blay y Fábrega.[22][23]

A Benlliure débeselle tamén o deseño do anverso da primeira serie de moedas emitidas emitidas pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre a nome de Francisco Franco e co busto do ditador, conforme a nova lei monetaria do 18 de decembro de 1946. Esta serie abrangue as moedas de 10 céntimos e de 1, 2½, 5, 25 e 50 pesetas cuñadas a partir de 1947. Sobre os deseños de Benlliure, o gravado dos cuños correu a cargo do gravador Manuel Marín Jimeno.[24][25]

Anverso dunha moeda de 5 pesetas (1949) co primeiro retrato de Franco, deseñado por Benlliure.[26]

A Fábrica Naciopnal de Moeda e Timbre honrou posteriormente a figura de Mariano Benlliure coa inclusión do seu retrato como motivo principal do anverso do billete de 500 pesetas emitido en 1951, cinco anos despois do seu falecemento. No reverso reprodúcese a obra de Benlliure Mausoleo de Julián Gayarre, sita no Val de Roncal, en Navarra. Ambas as faces do billete están deseñadas por José Luis López Sánchez-Toda.[27] Esta non era a primeira vez que a FNMT reproducía nos seus billetes imaxes de obras de Benlliure durante a etapa franquista: a primeira vez foi o conxunto escultórico de Benlliure conmemorativo do IV centenario do Descubrimento de América, que aparecede no billete de cinco pesetas de 1945;[28] e tamén se reproduciu o seu busto de Goya que no billete de 100 pesetas emitido en 1946.[29] En ambos os casos, tanto o deseño como o gravado destes billetes foi tamén obra de Sánchez Toda.[25]

Ademais da súa faceta artística como creador, Benlliure asumiu diversas responsabilidades públicas en relación co ámbito cultural e artístico. Entre outros cargos, foi director da Academia de España en Roma (1901-1903), director xeral de Belas Artes (1917-1919) e director do Museo de Arte Moderna de Madrid (1917-1931) —posteriormente integrado no Museo do Prado—.[1][2]

Entre as entidades académicas e asociativas das que formou parte destacan as Academias de Belas Artes de San Fernando (Madrid, 1897), de San Carlos (Valencia), San Luís (Zaragoza), San Telmo (Málaga), San Lucas (Roma, 1899) e Brera (Milán), así como as de París (1905) e Carrara.[1] Nesta última foi nomeado profesor honorario en 1897. En Francia foi nomeado profesor honorario da Sorbona de Parísen 1900. En 1913 foi elixido membro da Hispanic Society of America, de Nova York.[2]

Pola súa prolífica carreira como creador, Benlliure recibiu condecoracións como a da Lexión de Honra de Francia (1900), comendador da Orde da Coroa de Italia ou a Gran Cruz de Afonso X de España (1944).[1] En 1942 concedéuselle a medalla da Cidade de Valencia.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mariano Benlliure estivo casado coa cantante de zarzuela Lucrecia López de Arana (1867-1927),[30] con quen tivo un fillo, o arquitecto e escultor José Luis Benlliure López de Arana (1898-1981).[31]

Durante a derradeira época da súa vida a súa saúde viuse resentida, o que o obrigou a reducir a súa produción artística. Benlliure finou en Madrid o 9 de novembro de 1947, no seu fogar-estudio da rúa Abascal.[2] Os seus restos mortais foron trasladados a Valencia, onde foi soterrado no cemiterio do Cabañal, xunto aos seus pais.[32][33]

Escolma de obras

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Benlliure Gil, Mariano". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Mariano Benlliure Gil. Cronología". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  3. "Accidenti!!". Bilbao Museoa (Bilbaomuseoa.eus).
  4. "Monumento a José Ribera". Esculturaurbana.com
  5. "Monumento conmemorativo a José de Ribera". CERES. Ministerio de Cultura (CERES.mu.es).
  6. "Monumento al Marqués de Campo". Esculturaurbana.com
  7. 7,0 7,1 "El monumento a Trueba de Mariano Benlliure". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  8. "Mariano Benlliure y Gil". En Catalogue of the International Exhibition of Contemporary Medals. American Numismatic Society. Nova York, 1911. Páxinas 12-14.
  9. 9,0 9,1 "Goya (1902)". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  10. 10,0 10,1 "Monumento a Goya". Esculturaurbana.com
  11. "Mariano Benlliure y la estatuilla de los Premios Goya". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  12. "La escultura de los Premios Goya". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  13. "La estatuilla de los Premios Goya". Premiosgoya.com
  14. 14,0 14,1 "Monumento a Montero Ríos". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  15. "Hace 100 años se inauguró el monumento a Eugenio Montero Ríos". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  16. "Lápida del Cardenal Arzobispo Martín de Herrera". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  17. "Descubrimiento de la Artística lápida que Da el nombre del abogado vigués D....". Archivo ABC.
  18. "Obra pública". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  19. "Proclamación de Alfonso XIII como rey de España en 1902". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  20. Vives y Escudero, A. (1916). Medallas de la Casa de Borbón, de D. Amadeo I, del Gobierno Provisional y de la República española. Colección Real Biblioteca T. IV. Blass, Madrid. Nº 866.
  21. "Conmemoración de la concesión del Premio Nóbel de Medicina a Santiago Ramón y Cajal". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  22. "Medalla de la Exposición Nacional de Bellas Artes de 1915". Museo del Prado (Museodelprado.es).
  23. Cano Cuesta, Marina (1991).
  24. "Mariano Benlliure". Numista.com
  25. 25,0 25,1 Cano Borrego, P. D. "Medallas, monedas y billetes de Mariano Benlliure, en el 75 aniversario de su fallecimiento". Cronicanumismatica.com
  26. "5 Pesetas - Francisco Franco Nickel". Numista.com
  27. "500 Pesetas (1951)". Numista.com
  28. "5 Pesetas (1945)". Numista.com
  29. "100 Pesetas (1946)". Numista.com
  30. "Lucrecia López de Arana Fernández". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  31. "José Luis Mariano Benlliure Arana". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  32. "Mariano Benlliure". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  33. Furió, J. (2022). "Restaurada la tumba de Mariano Benlliure en el cementerio del Cabanyal". En Horta Noticias (Hortanoticas.com).
  34. "Monumento a Diego López de Haro". Esculturaurbana.com
  35. "Monumento a Don Álvaro de Bazán". Esculturaurbana.com
  36. "Monumento a la Reina María Cristina de Borbón". Esculturaurbana.com
  37. "Monumento al teniente Ruiz". Esculturaurbana.com
  38. "Mariano Benlliure y el 12 de octubre". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  39. "Monumento al General Manuel Cassola". Esculturaurbana.com
  40. "El monumento a Larios de Benlliure cumple 120 años". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  41. "Monumento a Henri Lacaze Duthiers". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  42. "Monumento al General Martínez Campos". Esculturaurbana.com
  43. "Monumento a Emilio Castelar". Esculturaurbana.com
  44. "El 29 de octubre de 1908 se inauguró el monumento a Agustina de Aragón en Zaragoza". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  45. "Estatua de Alfonso XII". Esculturaurbana.com
  46. "Escoriaza. Mausoleo de José Arana y Elorza". Guregipuzkoa.eus
  47. "Monumento al Cabo Noval". Esculturaurbana.com
  48. "El mausoleo de la Vizcondesa de Termens". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  49. "El monumento a San Martín de Mariano Benlliure". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  50. "Monumento a Miguel Moya". Esculturaurbana.com
  51. "Monumento al Duque de Rivas". Esculturaurbana.com
  52. Sánchez Villanueva, J. L. (2003). "El monumento a Miguel Primo de Rivera, obra de Mariano Benlliure". En Revista de Historia de Jerez. Nº 9. Páxinas 135-174.
  53. "El monumento a Antonio Maura de Benlliure". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  54. "Monumento a los Héroes de Alcántara". Esculturaurbana.com
  55. Berzal, E. (2016). "Historia de un monumento para los héroes". En El Norte de Castilla. 2 de xullo.
  56. "El sarcófago de Blasco Ibáñez de Mariano Benlliure". Fundación Mariano Benlliure (Marianobenlliure.org).
  57. "Fuente de los Niños. Monumento a Mariano Benlliure". Esculturaurbana.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adsuara, J. (1948). Mariano Benlliure y su realismo escultórico. Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Madrid.
  • Cano Cuesta, M. (1991). “Mariano Benlliure y la Medalla”. En NVMISMA. XLI. 229. Páxinas 139-140, 148.
  • Mariano Benlliure. El dominio de la materia. Comunidad de Madrid / Comunitat Valenciana. 2013. ISBN 978-84-451-3458-0
  • Montoliú Soler, V. (1996). Mariano Benlliure. 1862-1947. Generalitat Valenciana. ISBN 84-482-1363-7
  • Quevedo Pessanha, C. (1947). Vida artística de Mariano Benlliure. Espasa Calpe, Madrid.
  • Rincón García, W. (2011). Mariano Benlliure. Aneto Zaragoza. ISBN 978-8493940812
  • Tuero-O’Donnell, P. (1962). Mariano Benlliure o Recuerdos de una Familia. El Tinell, Barcelona.
  • Vidal Corella, V. (1977). Los Benlliure y su época. Prometeo, Valencia.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]